Escoitar

Un acordo cos propietarios dos terreos facilita un novo vial de acceso ao parque comercial Meixueiro "sin coste para a cidade"

O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio que permite desbloquear o acceso pendente ao parque comercial Meixueiro desde a A-55. Este acordo facilitará a construcción dun vial desde a autovía que dotará de dous accesos a este polígono comercial que recibe a diario máis de 2.000 vehículos e no que traballan ao redor de 500 persoas.

martes, 4 set 2012
1346774478convenio.JPG
O parque comercial do Meixueiro contará cun acceso directo desde a A-55, tal e como anunciou o rexedor quen hoxe martes asinou un convenio cos propietarios que ceden os terreos de xeito gratuito a cambio de manter a edificabilidade que lles corresponde no ámbito. O acordo permite o inicio da construcción dun vial de 450 metros desde a parte baixa do Meixueiro ata o parque comercial que, deste xeito, contará con dous accesos. Ao actual, "que funciona razonablemente ben" e chega directamente desde o hospital para finalizar nunha redonda que distribúe o tráfico, súmase o novo vial, que facilitará a entrada a unha área comercial que que moviliza máis de 2.000 vehículos diarios e da emprego a unhas 500 persoas. Este acordo que hoxe asinou o Concello é o mesmo, lembrou Caballero, que se lle ofertou á Xunta cos terros para a construcción da Cidade da Xustiza.
Descargar todas as imaxes