Escoitar

A aula da Uned abre as súas portas en Vigo este curso cun finanzamento 100 % municipal

O Concello de Vigo ten "todo listo" para a sinatura do convenio da Uned que permitirá abrir en Vigo a aula de acceso á Universidade este curso. Así o explicou hoxe martes o alcalde quen destacou que esta dotación estará "costeada na súa totalidade e en exclusiva con cartos municipais".

martes, 4 set 2012
1346774633rueda.JPG
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá "que está todo listo por parte do Concello" para a sinatura do convenio que permita que a Uned abra as súas portas en Vigo este mes. Deste xeito, ponse en marcha a aula de acceso á universidade "costeada na súa totalidade e en exclusiva- tutores, administración, limpeza-con cartos municipais". Tal e como explicou na súa comparecencia cos medios de comunicación, a Deputación "non contribúe nin un so euro" a pesar de que a Uned en Pontevedra recibe de fondos da Deputación e fondos públicos un millón de euros, dos que 350.000 euros son aportados polo organismo provincial, dixo.

Caballero criticou "unha nova e clamorosa marxinación da cidade" porque, explicou, no convenio da Uned con Vigo, o "Concello paga e o padroado que preside o responsable da Deputación quere decidir". Insistiu en que con cartos de Vigo se sufraga o 40% da Uned de Pontevedra, que conta cuns 3.500 estudiantes de Vigo -a metade- e "o noso obxectivo e que a Uned atenda a estes alumnos na nosa cidade", rematou.
Descargar todas as imaxes