O alcalde recibiu aos nenos saharauis que pasan o verán en Vigo
Abel Caballero recibiu este mércores a visita dunha treintena de nenos e nenas saharauis que, como é tradición, pasan o verán de estancia en Vigo. En termos políticos, o alcalde transmitiu "o noso apoio á causa política saharaui", respaldando as decisiósn da ONU sobre os dereitos do pobo.
![1342613447saharauis.jpg 1342613447saharauis.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1342613447saharauis.jpg)