O alcalde proporá rebaixar o 7,1% das retribucións dos cargos públicos municipais
Abel Caballero anunciou este mércores que levará unha proposta ao próximo Pleno da Corporación para que os edís do Concello se rebaixen un 7,1% as súas retribucións, en consonancia ao recurte do Goberno de España aos empregados públicos. O alcalde ve "intolerable" a medida estatal e criticou que o Real Decreto non inclúa aos cargos políticos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proporá no próximo Pleno da Corporación Municipal que os corporativos se apliquen unha rebaixa do 7,1% nas súas retribucións, acorde ao recurte imposto polo Estado aos empregados públicos.
Caballero censurou que o Real Decreto rebaixe o soldos dos funcionarios e non aos cargos públicos, o que considerou "intolerable". O alcalde afirmou que "nos queremos solidarizar cos traballadores públicos" polo que proporá esta medida en Vigo.
Como vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero levará esta proposta á cita do próximo martes da FEMP. O alcalde recordou que os concelleiros de Vigo rebaixáronse o seu soldo un 15% cando o anterior Goberno do Estado recurtou o soldo dos funcionarios un 5%.
Descargar todas as imaxes