O alcalde recibe a "vontade absoluta" de Fomento de construir a estación do AVE de Mayne e a conexión directa con Madrid
Abel Caballero revelou este martes unha conversa mantida coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na que transmitiulle ao alcalde a "vontade absoluta" do Goberno de España de continuar co proxecto do prestixioso arquitecto Thom Mayne para a nova estación de Urzáiz, así como para construir a conexión da Alta Velocidade directa con Madrid, a través de Cerdedo. Caballero amosouse "encantado" polos compromisos adquiridos nos "dous proxectos centrais ferroviarios de Vigo".
Segundo indicou Caballero, Pastor continuará co deseño de Mayne para a estación de Vigo polo "excepcional do proxecto" e pola "importancia" que terá para Vigo como "lugar neurálxico" para o futuro desenvolvemento da cidade. Fomento está a conversar coas dúas empresas que optaron á construcción do proxecto e baralla outras opcións.
O alcalde amosou a súa "satisfacción" por recibir directamente da ministra de Fomento os seus plans favorables aos "dous proxectos centrais ferroviarios de Vigo", tanto a nova estación de Urzáiz como a conexión viguesa con Madrid directa por Cerdedo, que segue adiante.
Caballero recoñecéulle á titular da carteira de Fomento que as obras no aeroporto de Vigo van a "bo ritmo" e valorou a "conversa satisfactoria" mantida onte con Pastor.
Descargar todas as imaxes