Escoitar

II Ciclo "Muller e Ciencia"

A Concellería de Igualdade programa para esta semana, na Casa das Mulleres un relatorio e un vide-forum do II ciclo "Muller e Ciencia, adicado nesta ocasión ás mulleres matemáticas. O obxectivo é difundir e visibilizar as achegas das mulleres científicas á nosa sociedade.

luns, 13 feb 2012
1329139930369.jpg
EXPOSICIÓN "A Muller, unha innovadora na Ciencia"
A mostra consta de 21 paneis coa vida e obra de mulleres de distintas épocas que desenvolveron o seu traballo principalmente no campo das matemáticas. Con ela quérese demostrar que non é verdade que non existisen mulleres adicadas á ciencia senón que ficaron ocultas. Por iso, preténdese reescribir a historia cun ollar novo para
rescatalas do esquecemento e destacar a importante contribución feminina no ámbito científico–tecnolóxico.
Colabora: Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Do 1 ao 29 de febreiro

RELATORIO "Mulleres matemáticas"
Intervén: Dª Amelia Verdejo Rodríguez (Universidade de Vigo)
Martes, 14 de febreiro ás 20:00 horas

VÍDEO-FORUM "La verdad oculta"
Dinamizado por Dª Carmen Quinteiro Santodomingo (Universidade de Vigo)
Xoves, 16 de febreiro ás 19:00 horas
Descargar todas as imaxes