O alcalde téndelle a man á nova delegada da Xunta de Galicia en Vigo
Tras o nomeamento onte de María José Bravo como nova delegada da Xunta de Galicia en Vigo, en substitución de Lucía Molares, Abel Caballero quixo este venres darlle a benvida e tenderlle a man desde o goberno local. O alcalde agarda que Bravo cumpra a súa "función" e "convenza á Xunta para que faga o que Vigo necesita", tras o que desexoulle sorte a Molares na súa nova etapa profesional en Madrid.
![1327061693Imagen003.jpg 1327061693Imagen003.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1327061693Imagen003.jpg)