Escoitar

O Concello pídelle á Xunta o visto e prace para iniciar a reforma de Balaídos

xoves, 6 xuñ 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo decidiu comezar o proceso de tramitación da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, operación necesaria para construír o novo estadio de Balaídos e reformar todo o seu contorno. Antes de aprobar a modificación, o Concello requirirá o visto e prace da Xunta de Galicia, para o que xa solicitou da Consellería de Política Territorial o correspondente informe.

A modificación puntual do Pxou é requisito imprescindible para afrontar o proxecto de remodelación de Balaídos. O documento de solicitude foi presentado no Concello o pasado 15 de maio polo Real Club Celta SAD. O seu obxectivo é o de reordenar os terreos e instalacións municipais na zona para facer posible a construcción dun novo estadio e un complexo comercial, terciario e deportivo.

A superficie que se pretende reordenar abrangue 73.686 m2. A proposta consiste en: trasladar o actual estadio de atletismo ao polígono de Navia: construír un novo estadio de fútbol con capacidade para máis de 30.000 espectadores adaptado á normativa UEFA: crear unha zona comercial e de ocio: recuperar a ribeira do río Lagares, actualmente oculta baixo a bancada de Río do campo de futbol: dotar a zona de aparcamentos e resolver os enlaces viarios da zona.