Concerto de guitarra no ciclo de música ”Xeración 2000+2”
O concerto que presenta o ciclo de novos intérpretes, dentro da programación que ofrece a Concellería de Cultura e a Fundación Caixa Galicia, ten como elemento principal a guitarra clásica. É dun xeito unha formación moi especial, xa que se trata dun recital a cargo dun dúo de guitarristas que teñen no seu haber un bo número de éxitos dende que, no ano 1997, iniciaron a súa andadura no mundo dos concertos.
“Arte en parte”, que así se denomina o grupo, está formado por Iago Reigosa e por Ángela Ferreiro. O dúo naceu en Vigo no ano 1995, cunha intención clara: interpretar música escrita para dúo de guitarras nos séculos XIX e XX. Unha vez formado o grupo, recibiu clases de formación de diferentes figuras especializadas neste tipo de interpretacións, para empezar a ofrecer concertos dous anos máis tarde.
O concurso internacional “Simone Salmaso” foi o seu primeiro gran pulo, ó acadar, no ano 1998, o segundo premio. Logo seguiríalle o “Ghitaralia 98”, no que tamén obtivo galardón o grupo vigués. O dúo actuou ademais en distintos lugares da xeografía española e en escenarios de tanto prestixio como a Fundación Juan March, o Palau Centelles ou o Mosteiro de San Rosendo en Celanova. O pasado mes de novembro o dúo participou no “Simposio sobre guitarra y cítara”, no que protagonizou unha conferencia-recital sobre a guitarra española dende o ano 1800.
Como característica peculiar de “Arte en parte” cabe salientar que, para as súas interpretacións de pezas do século XIX utilizan dúas guitarras clásico-románicas construídas por Bernhard Kresse en Colonia, sobre un orixinal datado en 1840 do constructor de guitarras Louis Panormo.
“Arte en parte” impregna cada unha das súas actuacións dun estilo propio, que lle reportou o recoñecemento de crítica e de público en tódolos escenarios que visitou dende a súa creación.
PROGRAMA
Primeira parte
FERNANDO SOR (1778-1893)
Divertimento Op.38
Andante Moderato
Andantino
Vals
ISIDRO DE LAPORTA
Dúo Nº2
Allegreto
Munete
G. ROSSINI (1792-1868)
Obertura de “El Barbero de Sevilla”, Arr. A. H. Varlet, s. XIX
Maestroso
Allegro con brío
Segunda parte
MAURO GIULIANI (1781-1829)
Tres Polonesas Concertantes Op.137
FERNANDO SOR (1778-1839)
Souvenir de Rusia Op.63
Andante moderato
Tema y variaciones
Allegreto
Descargar todas as imaxes