Medio Ambiente prepara unha nova edición do programa ”Entre árbores, paso a paso”
A Concellería de Medio Ambiente iniciou o procedemento para desenvolver unha nova edición do programa ”Entre árbores, paso a paso” que nesta ocasión pretende dar a coñecer mediante rutas de sendeirismo lugares de interese da ribeira do río Eifonso, diversos tramos do Lagares e o Parque das Ciencias de Vigozoo.
O concelleiro Amador Fernández explicou que neste programa de Medio Ambiente un grupo ecoloxista realizará visitas guiadas polo cauce alto e polo novo paseo do río Lagares co obxectivo de explicar aspectos da flora e da fauna que encontren ao paso. A ribeira do río Eifonso será outro dos percorridos que poderán facer as persoas que desexen practicar sendeirismo e outra das novidades deste proxecto será a posta en valor do patrimonio histórico do contorno de Vigozoo, xa que hai mámoas como a de Casa dos Mouros que entrarán a formar parte dunha das visitas.
Os obxectivos xerais deste programa son a toma de conciencia dos valores naturais e patrimoniais, a toma de responsabilidade ante os impactos ambientais e o fomento da curiosidade e do pensamento crítico. Preténdese tamén posibilitar o coñecemento por parte dos vigueses do patrimonio natural, etnográfico e paisaxístico do Concello e dos seus parques forestais, así como crear unha sociedade futura máis afectiva e consecuente co medio ambiente.
Os interesados en realizar este programa contarán coa colaboración da empresa de transporte público de viaxeiros Vitrasa, encargada dos desprazamentos desde o centro da cidade ata o punto de saída e chegada da excursión.
Descargar todas as imaxes