Escoitar

Normalización lingüística organiza cursos de lingua galega

mércores, 5 xuñ 2002
O Servicio de Normalización Lingüística organiza cursos gratuítos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega que comezarán a vindeira semana no edificio Asefal (rúa Elduayen,2). Os cursos terán unha duración de 75 horas e impartiranse en horario de 10:00 a 13:00.

A data de inicio dos cursos será o 11 de xuño e concluirán o 5 de xullo. Os interesados poden inscribirse de 9:00 a 14:00 horas no teléfono 986-810281 ata o vindeiro luns, 10 de xuño.