Escoitar

A mostra ”Da soidade á plástica sonora”, de Rafael Úbeda, chega á Casa das Artes

xoves, 6 xuñ 2002
imx1516.jpg
Frautista, 1993
A Concellería de Cultura organiza, en colaboración con Caixanova, unha exposición do pintor Rafael Úbeda que amosa 200 obras realizadas no período de 1986 a 2000. ”Da soidade á plástica sonora” é o título desta mostra que integra paisaxes, figuras de músicos e actores, marionetas, ópera e concertos mediante a abstracción formal dos sons musicais.

A exposición poderá visitarse a partir do venres 7 de xuño na Casa das Artes. No acto de inauguración, o quinteto de metais ”Santa Cecilia” de Ferrol e un quinteto de cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia interpretarán temas de Durán e Groba inspiradas nas pinturas de Úbeda.


Rafael Úbeda é profesor de Pintura da facultade de Belas Artes na Universidade de Vigo.


COMENTARIOS SOBRE O AUTOR
Descargar todas as imaxes