45 persoas beneficiaranse co programa de cumprimento de penas en beneficio da comunidade
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, asinou hoxe o convenio de colaboración entre o Ministerio de Interior e a FEMP para a xestión do programa Cumprimento de penas de traballo en Beneficio da Comunidade. En concreto, o Concello de Vigo oferta 45 para penados que residan no termo municipal de Vigo.
No acto de sinatura do convenio asistiron tamén o concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández: Manuel de Pedro Rivero, director do Centro Penitenciario de A Lama: Ovidio Pastor Codesal, xefe dos Servicios Sociais Externos Penitenciarios e Ignacio Alarcón, responsable do Convenio da FEMP.
A xestión e coordinación do programa dependerá da Oficina Municipal de Voluntariado. As concellerías implicadas no programa e que ofertan prazas son a de Participación Cidadá, Educación, Limpeza, Normalización Lingüística, Parques e xardíns, Medio Ambiente e Xuventude.
O apoio ás actividades sociocomunitarias de Federacións ou Organizacións non Lucrativas, a portería do Instituto Municipal de Educación, limpeza de rúas e zonas verdes da cidade, mantemento de instalacións de Vigozoo e apoio a programas de lecer son algunhas das tarefas que os reos poderán desempeñar.
A aplicación das penas de traballo en beneficio da comunidade só poderán impoñerse en substitución doutras, en concreto, de arrestos de fin de semana ou impagos de multas cunha duración de 96 a 384 horas de traballo no caso de que a pena sexa cualificada como grave e de 16 a 96 horas no caso dunha pena leve.
A incorporación efectiva do penado ao posto de traballo realizarase trala conformidade do xuíz. O Concello de Vigo recibirá información detallada sobre o inicio do cumprimento, duración, horario e data de finalización, a fin de proceder ademais á alta e baixa na Seguridade Social.
Os reos recibirán orientación e formación específica para a execución dos traballos por conta dos responsables dos departamentos implicados. Haberá tamén supervisión, seguimento e control dos penados e das tarefas a realizar, por parte dos responsables dos distintos servicios municipais, que informarán a Oficina Municipal de Voluntariado de calquera incidencia que xurda no desenvolvemento das mesmas.
Neste convenio entre o Ministerio de Interior e a Federación Española de Municipios e Provincias xa participaron 407 concellos, cun total de 2.825 prazas ofertadas, dende a súa sinatura o 2 de abril de 1997.
Descargar todas as imaxes