Escoitar

A programación estable da Concellería de Cultura continúa mañá xoves no Auditorio Municipal co concerto de M. Ward

O Auditorio Municipal acollerá mañá, 19 de maio, unha nova actuación dentro do programa de artes escénicos organizado pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultura. Será o concerto que o californiano M. Ward ofrecerá ás 20.30 horas. As entradas teñen un prezo de 15 euros adquiríndoas anticipadamente na web www.servinova.es e 18 euros mercándoas na taquilla.

mércores, 18 mai 2011
M. Ward converteuse nos últimos anos nun dos músicos máis respetados da escena americana. Protexido de Howie Gelb (Giant Sand), é longa a lista de grandes artistas que o reivindicaron como un dos favoritos. Algúns defíneno como o cantautor do século XXI, ben porque a súa música é atemporal ou pola súa visión heteroxénea da industria. Coa súa brillante forma de acariñar a guitarra e o seu sentido innato para a melodía, está creando o seu propio estilo e cada día máis amantes da música seguen caendo baixo o seu murmullante feitizo.