Vigo acollerá o Campionato Nacional de Fútbol Sala

O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o Campionato Nacional de Fútbol Sala (Campionato de España de Clubes) que se celebrará en Vigo do 7 ao 9 de xuño. Este evento, organizado pola Federación Galega de Fútbol Sala, está patrocinado polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Caixanova e a Fundación VIDE.
O campionato contará coa participación das comunidades de Castela León, Euskadi, Estremadura, Valencia, Andalucía, Aragón, Baleares, Galicia e Castela A Mancha. Os lugares de celebración son as instalacións do IMD, de Teis, Berbes, Calvario, Coia e no pavillón Central das Travesas, onde se xogarán os partidos correspondentes ás categorías senior masculino, senior femenino y xuvenil masculino.
Colaboran Faro de Vigo, Cabreiroá, Cruzcampo, Kelme, Frutas Nieves e Coca-Cola.
Descargar todas as imaxes