O Goberno municipal aproba un plan de renovación do pavimento nas rúas da cidade
O Concello vai poñer en marcha nos próximos meses un Plan de renovación do pavimento de rúas por toda a cidade no que se vai realizar un importante esforzo investidor: algo máis de 1.600.000 euros, ao redor de 270 millóns de pesetas. Este Plan é continuación do que se realizou o pasado ano e con el se pretende deixar en óptimo estado para a circulación de vehículos as rúas de Vigo.
Nos próximos meses vaise renovar o firme daquelas rúas de Vigo que sufriron un maior deterioro nos últimos tempos a causa da execución de obras de canalización de servicios. Hoxe, na Comisión de Goberno aprobouse o primeiro paquete destes proxectos, por un valor de 467.000 euros. Contrataranse de inmediato polo método de poxa aberta.
Nesta fase inicial do Plan de renovación do pavimento están incluidas rúas repartidas por diversos barrios: Sanjurjo Badía: a Avda. de Balaídos e a rotonda situada xunto ao estadio: a rúa Camilo Veiga, en Bouzas: a rúa Filipinas: a rúa Antonio Cominges, en Canido: a estrada do Caramuxo, en Beade: e o camiño Recaré en Bembrive.
Complétase o proceso de renovación de xogos dos parques infantís
A Comisión de Goberno decidiu completar o proceso de renovación dos xogos dos parques infantís de Vigo. Durante os dous últimos anos o Concello foi substituíndo todos os elementos de xogo dos parques vigueses que estaban deteriorados ou non cumprían coa normativa europea. Ademais, creáronse novas zonas de xogo infantil como as que se acaban de instalar hai poucos días na praza da Miñoca ou na praza do Rei. Este ano váiselle dar o último impulso a este proceso de renovación investindo 61.000 euros máis na adquisición de xogos de todo tipo para completar a dotación dos parques vigueses.
Sumando este novo investimento ao realizado nos dous últimos anos, superaranse os 480.000 euros gastados na adquisición de xogos para parques infantís. Esta cifra triplica o investimento realizado nesta materia polo anterior Goberno municipal.