O alcalde participará nos actos de celebración do 25 aniversario da Coral de Beade
O director da formación musical mantivo este luns unha entrevista con Abel Caballero na Alcaldía a quen cursou unha invitación para participar na programación da Coral con motivo do 25 aniversario da súa fundación. O alcalde confirmou a súa presenza e animou a todos os movementos culturais da cidade a "que conten con nós" para as súas actividades.
![1283172215coral.jpg 1283172215coral.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1283172215coral.jpg)