O alcalde informa de novas humanizacións aprobadas por valor de 5 millóns, que inclúen Aragón, Martínez Garrido e Ramón Nieto
Abel Caballero explicou este luns que a Xunta de Goberno Local deu luz verde aos proxectos de humanización da rúa Asturias, Aragón, Ramón Nieto, Martínez Garrido e Pino -nas súas primeiras fases-, e tamén da rúa Balbarda, na zona de Toural de Teis. "Iniciamos unha nova fase de grandes humanizacións na cidade de Vigo", aseverou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns do inicio dunha "nova fase de grandes humanizacións na cidade de Vigo" por valor de 5 millóns de euros procedentes do orzamento municipal de 2010.
Así o explicou o socialista tras a celebración da Xunta de Goberno Local, que deu luz verde á aprobación dos proxectos de humanización das rúas Aragón, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Asturias e Pino, ademais da mellora da rúa Balbarda, na zona do Toural de Teis, actuación incluída no coñecido como Plan Urban.
A primeira fase da rúa Aragón alongarase desde Jenaro de la Fuente ata a altura de Padre Celso, unha rúa que vivíu na "marxinación e abandono durante toda a democracia", apuntou Caballero, e supón un investimento municipal de dous millóns de euros.
Ramón Nieto tamén verá humanizado o tramo entre Ernesto Lecuona e Camiño Fermín, próximo á sede da Asociación de Veciños de Lavadores, unha primeira fase que dará continuidade á iniciada humanización de Manuel Álvarez e custará un millón de euros.
Martínez Garrido, entre a estación de autobuses e a rúa Pateira na primeira fase aprobada, levará un millón de euros de investimento do Concello. O alcalde recordou que este vial "non tivera ningunha actuación desde que abríuse a rúa".
Cun orzamento de 300.000 euros cada unha, as rúas Asturias e Pino -entre Urzáiz e Asturias- verán iniciada a súa humanización unha vez aprobados hoxe os proxectos de mellora. Sobre a rúa Pino, o alcalde asegurou que a veciñanza e os comercios da zona solicitaron a reforma desta, "unha das grandes esquecidas desta cidade".
Teis
A Xunta de Goberno Local tamén validou hoxe o proxecto de conexións transversais na rúa Balbarda e no seu contorno, vial incluído nas accións previstas polo coñecido como Plan Urban no barrio de Teis. Para a zona do Toural e o Barrio das Flores, onde pertence Balbarda, o Concello destinará 800.000 euros para "unha das zonas máis abandonadas" de Vigo.