Escoitar

O alcalde celebrou o Día Mundial do Medioambiente cun percorrido en bicicleta co director de Citroën en Vigo

Abel Caballero e Pierre Ianni participaron o pasado sábado en "O centro de Vigo en bicicleta", unha iniciativa de PSA aberta a toda a cidadanía para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente. Na xornada os participantes puideron realizar un circuito en bicicleta pola factoría de Vigo de Citroën e coñecer as accións desempeñadas pola empresa pola sostibilidade.

luns, 7 xuñ 2010
1275913087citroen.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director da factoría de Vigo de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, celebraron o pasado sábado o Día Mundial do Medioambiente cun percorrido en bicicleta polas instalacións da empresa.

Alcalde e director foron así participes da proposta "O centro de Vigo bicicleta", unha iniciativa aberta a todos os públicos ideada pola compañía para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente. Os participantes puideron realizar un percorrido polas instalacións en bicicleta e coñecer as principais accións desenvolvidas por PSA para o coidado do entorno.

O pasado sábado, o Concello de Vigo sumouse á celebración do Día Mundial do Medioambiente coa organización de tres actividades: unha saída dunha xornada ás Illas Cíes, unha ruta nocturna guiada pola Madroa e, o domingo, unha nova etapa do Camiño de Santiago. Estas actividades enmarcáronse dentro da programación da Concellería de Medioambiente que dirixe a socialista Chus Lago.
Descargar todas as imaxes