O Aeroporto de Vigo duplicará a súa capacidade e poderá acoller a catro millóns de viaxeiros anuais
O presidente de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA), Juan Ignacio Lema Devesa, presentou o pasado sábado a ampliación do aeroporto vigués nun acto no que estivo acompañado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro. O investimento no novo Peinador roza os 60 millóns e suporá un "impulso decisivo" para a cidade, xa que duplicará a superficie e a capacidade.
A ampliación do aeroporto de Vigo duplicará a súa superficie e a súa capacidade e poderá acoller cada ano a catro millóns de viaxeiros. Así o explicou o pasado sábado o presidente de AENA, Juan Ignacio Lema Devesa, na presentación da nova infraestrutura, acto no que estivo acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e polo alcalde de Vigo, Abel Caballero.
A mellora proxectada para a infraestrutura aeroportuaria viguesa, diseñada polo arquitecto César Portela, contempla unha ampliación e remodelación total do actual edificio terminal; supón un investimento estatal na cidade olívica de 59,4 millóns de euros e representará un "impulso decisivo" para Peinador.
Peinador suma actualmente 8.700 metros cadrados de superficie, que acadará os 26.000 metros cadrados unha vez conclúa a remodelación da terminal; ademais, a ampliación fará posible que o aeroporto de Vigo poida absorber ata catro millóns de usuarios anuais, fronte aos 1,8 millóns de hoxe en día.
O novo edificio terminal distribuirase en catro andares. O sótano estará destinado á realización do control de equipaxes de bodega, así como a zonas de almacenamento e diversas instalacións. Na baixa atoparase a zona de facturación, cun total de 23 mostradores, así como o control de seguridade con catro postos, a sala de recollida de equipaxes con cinco hipódromos -dous máis que a actual- e o vestíbulo de chegadas. Neste andar tamén estará ubicados a zona comercial do aeroporto, a cafetería e o restaurante.
O primeiro andar do novo edificio terminal do aeroporto de Vigo será desde a que se efectúen as saídas e para iso contará con catro pasarelas de embarque -dous máis que na actualidade- , das cales dúas serán dobres para permitir o embarque a voos en remoto. Por último, o segundo andar -que estará localizado na elevación da cuberta- destinarase a oficinas de operacións.
No transcurso da súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou os "compromisos cumpridos" do Goberno de España coa cidade, quen agradeceu a "vocación" do ministro de Fomento, o socialista José Blanco, para "atender as necesidades da cidade". Caballero recordou que esta carteira ministerial "cada mes desbloquea un proxecto atascado durante anos" na cidade, en alusión á estación ferroviaria de Guixar -provisional mentres se constrúa a nova de Urzáiz-, a ampliación da ponte de Rande e o propio aeroporto.
Prazos
Segundo a planificación de AENA, o novo aeroporto de Vigo entrará en funcionamento no ano 2013 e as obras darán comezo no outono deste ano e alongaranse durante tres anos sen alterar o funcionamento de Peinador. O aparcamento da infraestrutura, actualmente en obras, estará rematado a comezos do vindeiro ano 2011.