Escoitar

O alcalde participou na apertura do II Foro de Internacionalización da Empresa Galega

A segunda edición desta iniciativa desenvólvese ao longo deste xoves no Centro Social Caixanova, con relatorios de expertos e debates sobre a temática deste foro para este ano: os desafíos e oportunidades do acceso aos mercados internacionais ante o novo entorno económico. O acto de inauguración contou coa participación dos presidentes de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e da Cámara de Comercio, José García Costas.

xoves, 5 nov 2009
1257430694foro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe xoves na inauguración do II Foro de Internacionalización da empresa gallega, organizada pola Cámara de Comercio e Caixanova, que ten lugar durante toda a xornada no Centro Social Caixanova.

No acto de apertura estiveron presentes o alcalde e os presidentes da Cámara e Caixanova, José García Costas e Julio Fernández Gayoso, respectivamente. O tema para esta segunda edición da iniciativa aborda os desafíos e as oportunidades do acceso aos mercados internacionais no actual entorno económico.

O Foro inclúe sendas ponencias de expertos que tratarán o modo en que o contexto económico afeta as empresas internacionalizadas, os mercados e canais na internacionalización dunha compañía, o marco institucional de apoio á externalización e a mellora do posicionamento no exterior das entidades.

Ademais, estes relatorios compleméntanse cunha mesa redonda sobre a experiencia das empresas galegas e os retos estratéxicos, un debate no que participan responsables das compañías Televés, Selmarc e Astaleiros H.J. Barreras.
Descargar todas as imaxes