Escoitar

Abel Caballero asegura que "entre dous e catro meses, Navia deberá estar en pleno funcionamento"

O alcalde mantivo este mércores unha reunión co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné, para revisar as datas de entrega do parque, das vivendas de protección e do acondicionamento dos espazos entre os bloques. Alcalde e director abordaron tamén o modo de arranxo das beirarrúas de Teixugueiras -deterioradas polas obras- e a reforma do plan parcial para a construcción das vivendas protexidas restantes. <br />

mércores, 4 nov 2009
1257343500igvs.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores tras unha reunión co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné, que "entre dous e catro meses, Navia deberá estar en pleno funcionamento".

O rexedor vigués, que salientou a especial cordialidade na que desenvolveuse a entrevista, informou que a Xunta de Galicia entregará ao Concello en dous meses a primeira parte do gran parque de Navia, e nos dous seguintes, o restante, para de inmediato poñelo a disposición dos usuarios.

Ademais, segundo indicou Abel Caballero, tamén entre dous e catro meses se fará entrega das vivendas con algún tipo de protección que promociona o goberno autonómico en Navia, e adiantou que os executivos de Vigo e de Galicia continuarán co proceso de reforma do plan parcial para acadar un novo diseño dos bloques de vivendas que restan por construir.

Outro dos aspectos abordados no encontro atañe ao adecentamento das parcelas verdes localizadas entre os bloques de edificios da rúa Teixugueiras. O alcalde afirmou que a Xunta de Galicia asumirá esta actuación e fará entrega dos espazos ao Concello en dous meses, tempo tras o que o Concello encaragarase do seu mantemento.

Tras as conversas co director xeral do IGVS, o alcalde concluíu que a reunión da comezo á fase final da urbanización da Navia, unha "gran nova" que permitirá que Navia estea en "plena utilización" dentro de catro meses.

bNegociacións/b
O alcalde e o responsable do Instituto estudarán as fórmulas legais para executar a mellora das beirarrúas de Teixugueiras e das ámbitos internos de zonas como Coia, ambos de titularidade autonómica.

Sobre o primeiro punto, Caballero afirmou vaise estudar a posibilidade de que o Concello repare e acondicione as beirarrúas -deterioradas polas obras dos edificios- con cargo aos avais dos bloques de vivendas.

Con respecto ás zonas interiores, o alcalde plantexou unha transferencia -que será estudada- da titularidade do espazo en zonas como Coia, onde o goberno local estaría interesado en efectuar melloras e un mellor mantemento.
Descargar todas as imaxes