Escoitar

Abel Caballero garante a "cooperación" do Concello coa Asociación de Loita contra o Cancro

O alcalde visitou este martes o rastrillo que tradicionalmente organiza a Asociación Española contra o Cancro en Urzáiz, "un rastrillo exemplar" que "merece a pena" visitar, segundo indicou o primeiro edil, tanto por quen o organiza como pola súa calidade. Caballero agradeceu e recoñeceu a labor solidaria da entidade e asegurou a "cooperación" do Concello coa mesma.

martes, 3 nov 2009
1257259415aecc.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe a "cooperación" do Concello coa Asociación Española contra o Cancro nunha visita ao rastrillo que tradicionalmente organiza a entidade en Urzáiz.

O alcalde invitou a toda a cidadanía viguesa a achegarse e coñecer "un rastrillo exemplar" que "merece a pena" visitar tanto pola súa calidade como pola organización que a pon en marcha.

Abel Caballero felicitou e agradeceu o traballo da Asociación polo seu "apoio" aos enfermos e familiares e recoñeceu a súa labor solidaria". Precisamente porque "Vigo é unha cidade solidaria", o alcalde garantíu a continuidade da cooperación municipal coa entidade.
Descargar todas as imaxes