A nova pinacoteca terá unha superficie expositiva de 1.440 metros cadrados
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o proxecto da nova pinacoteca municipal, que se ubicará nos números 8, 10 e 12 da rúa Abeleira Menéndez e que contará cunha superficie expositiva de 1.440 metros cadrados. Na presentación o concelleiro explicou que tras a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da adquisición destes tres inmobles, comeza agora a segunda fase da actuación, que é a execución do proxecto construtivo.
Acompañado polos concelleiros de Cultura, Xesus López, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o tenente de alcalde destacou que coa construción da nova pinacoteca se cumprirán tres obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, subliñou que deste xeito se terá un espazo axeitado para albergar os fondos do Museo Quiñones de León que agora non se poden expoñer. Neste sentido o concelleiro de Patrimonio Histórico engadiu que a nova pinacoteca albergará a gran maioría dos fondos do museo, especialmente de pintura galega, aínda que parte das obras "permanecerán en Castrelos porque pertencen indisolublemente ao pazo".
O tenente de alcalde afirmou tamén que a actuación contribuirá á "rexeneración urbanística do Casco Vello". Sobre todo, sinalou o que vai supoñer na parte alta do barrio histórico, que ao seu xuízo está experimentando unha "transformación prodixiosa", coa renovación das rúas, a rehabilitación de inmobles e a actuación que se está a desenvolver na Porta do Sol.
En terceiro lugar, Santi Domínguez salientou que esta intervención supón tamén a posta en valor dun edificio, o pazo de Arias Taboada, de "alto valor histórico e patrimonial". Ao respecto, Eudosio Álvarez destacou que o inmoble é "un dos poucos pazos da cidade, que ten máis de 250 anos e nel está a historia contemporánea de Vigo".
Por outra banda, Santi Domínguez especificou cales serán as áreas funcionais da pinacoteca, cuxa superficie expositiva será aproximadamente de 1.440 metros cadrados distribuídos en 7 salas de exposición e 4 galerías expositivas. A planta baixa será o acceso á pinacoteca e albergará a recepción, o punto de encontro, 2 salas de exposición temporais e 1 galería expositiva. A segunda planta acollerá a denominada sala nobre, que será a de maior tamaño, 2 salas expositivas e 1 galería.
As prantas 2 e 3 terán unha función exclusivamente expositiva, de xeito que cada unha delas terá unha sala e unha galería. "Un dos elementos singulares do centro vai ser a torre-miradoiro, que queremos que sexa un elemento que lle dea identidade e singularidade á pinacoteca", destacou Santi Domínguez. Finalmente, respecto á distribución dos espazos indicou que no soto se ubicarán os aseos, as zonas de almacenamento e a maquinaria. A nova pinacoteca vai ter unha superficie total construída de 1.542 metros cadrados e unha superficie útil de 1.265 metros cadrados.
O tenente de alcalde sinalou que o prazo de execución estimado oscila entre os 10 e os 12 meses e que se prevé que no mes de marzo de 2010 xa se poidan iniciar as obras. Neste sentido, e en resposta aos medios explicou que antes de que a Xunta de Goberno Local acordara a adquisición dos inmobles os técnicos municipais realizon un estudo sobre a súa situación e a súa capacidade. "O edificio estruturalmente está ben, pero deteriorado polo paso do tempo", indicou.
Respecto ao orzamento, Santi Domínguez sinalou que o investimento para a execución das obras e o proxecto museístico é de 2,4 millóns de euros. Ao respecto, destacou que supón un "investimento produtivo" que se refire a tres liñas fundamentais: no sentido de que a pinacoteca traerá á cidade un retorno económico similar ao que se produxo coa apertura do museo Marco; en segundo lugar polo que supón de xeración de postos de traballo a través da cultura e porque contribúe decisivamente á rexeneración do Casco Vello.
Descargar todas as imaxes