Escoitar

O Concello colaborará no bicentenario da independencia de Arxentina, que celebrará actos en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este mércores co Cónsul Xeral de Arxentina, Roberto Eduardo Budiño, para coordinar as actuacións que o Consulado realizará en Vigo por mor da celebración do segundo centenario da liberación do país sudamericano. Caballero garantíu a cooperación e recordou o papel da cidade olívica como "porta de relación" entre Europa e Arxentina.

mércores, 4 nov 2009
1257343669consulargentina.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este mércores a cooperación do Concello de Vigo nos distintos actos que organizará o Consulado Arxentino na cidade por mor do bicentenario da independencia do país sudamericano.

O rexedor vigués mantivo hoxe unha entrevista co Cónsul Xeral de Arxentina, Roberto Eduardo Budiño, para concertar a colaboración institucional da cidade nas celebracións na cidade. Abel Caballero recordou o rol de Vigo como "porta de relación" entre Europa e Arxentina
Descargar todas as imaxes