Escoitar

Santi Domínguez anuncia axudas por valor de 1,2 millóns de euros para os comercios afectados pola crise e as obras

O tenente de alcalde anunciou este mércores que os pequenos e medianos comercios teñen un prazo de 20 días naturais para solicitar as axudas destinadas a fomentar o emprego e a formación, ás que se destinarán 1,2 millóns de euros. Santi Domínguez sinalou que esta convocatoria vai destinada a paliar as consecuencias da crise e os perxuízos que poideran causar as obras na cidade aos establecementos comerciais coa condición de pequenas e medianas empresas.

mércores, 4 nov 2009
Santi Domínguez explicou que a contía total desta convocatoria ascende a 600.000 euros para este ano, aos que se sumará unha cantidade igual para o primeiro trimestre de 2010, de forma que cada establecemento poderá recibir ata un máximo de 2.800 euros neste 2009 e 2.800 euros no 2010. "Se a estas subvencións lles engadimos os 1.200.000 euros de axudas para as familias, estamos falando dun total de 2.400.000 euros para potenciar o consumo no pequeno e mediano comercio vigués e para o mantemento do emprego", destacou o nacionalista.

O tenente de alcalde informou de que os criterios para valorar a concesión das subvencións se basearán, en primeiro lugar, no mantemento do número de traballadores de cada empresa solicitante e tipo de contrato de cada empregado. A incidencia das obras na disminución das ventas será outro dos criterios de valoración, e en terceiro lugar, teranse en conta os procesos de formación dos traballadores.

Santi Domínguez engadíu que unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, o comité fará unha valoración co obxectivo de ter a resolución "antes de mediados de decembro". Unha vez rematado este proceso abrirase unha nova convocatoria para o ano 2010. O prazo de presentación de solicitudes será do 18 de xaneiro ao 6 de febreio ambos inclusive.