Escoitar

O alcalde visita as obras de acondicionamento da rúa Casal que contan cun investimento de medio millón de euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou esta mañá os traballos de pavimentación e acondicionamento da principal arteria da parroquia de Sampaio acompañado por Isaura Abelairas.

xoves, 29 out 2009
1256824306PA290155.JPG
O alcalde supervisou o estado actual destas obras, que contan cunha inversión de medio millón de euros, e compartiu cos veciños da zona as súas impresións.

Esta rehabilitación é a actuación máis importante levada a cabo nos últimos anos na parroquia de Sampaio e servirá para reactivar unha zona fundamental para a mobilidade dos veciños. O proxecto inclúe unha actuación integral sobre o pavimento, as beirarrúas, o saneamento, a captación de augas pluviais e o alumeado das rúas Casal de arriba e Casal de Abaixo.

Con esta visita o alcalde mostrou, unha vez máis, a seu compromiso coa construción dun Vigo igualitario no que os barrios e parroquias conten cos mesmos servizos co centro da cidade. Para acadar este obxectivo o Concello leva investidos máis de 1,3 millóns de euros na construción e reparación de beirarrúas nestas zonas.
Descargar todas as imaxes