Escoitar

Santi Domínguez aproveita a xuntanza coa conselleira da embaixada de Israel para "vender cidade"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este xoves que aproveitou a xuntanza coa ministra conselleira da embaixada de Israel, Einat Kranz Neiger, para "vender cidade" e comentarlle as medidas que en materia de turismo, impulso ao comercio, rehabilitación dos cascos históricos e iniciativas para paliar as consecuencias da crise se están levando a cabo nas concellerías do BNG. Tras a reunión, o nacionalista cualificou a reunión "de cortesía e cordial".<br />

xoves, 29 out 2009
1256824592israel.jpg
O tenente de alcalde manifestou tamén que a reunión coa número dous da embaixada de Israel servíu para analizar os conflitos que actualmente se viven en Israel e para expresarlle a necesidade de "facer un esforzo" para que o pobo palestino vexa recoñecidos os seus dereitos e que "teña o Estado que merece".
Descargar todas as imaxes