Benestar Social e Xuventude asinan un convenio co Plan Comunitario de Teis para atender a menores de 6 a 12 anos
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, asinaron hoxe un convenio co presidente do Plan Comunitario de Teis, Eduardo García, co obxectivo de manter a colaboración iniciada o ano pasado de atención aos nenos e nenas de 6 a 12 anos procedentes de familias desestruturadas. O convenio ascende a 44.550 euros e permite desenvolver proxectos de apoio psicopedagóxico, no marco do programa Ludo-Pam ao longo do curso escolar.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, destacou que o convenio se iniciou no exercicio pasado "co ánimo de colaborar cunha institución que traballa cos sectores máis desfavorecidos", como é o caso de rapaces derivados tanto polos profesionais de Atención Primaria, como dos programas de intervención familiar da Concellería de Benestar Social e o Centro de Información á Muller do Concello de Vigo.
"Ofrecer apoio educativo para realizar actividades que permitan a adquisición de hábitos por parte dos nenos e nenas son algúns dos obxectivos do programa Ludo-Pan", explicou María Méndez. A edil do BNG indicou asemade que o programa conta con tres educadoras e unha coordinadora para desenvolver os seus servizos.
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, salientou que a memoria de Ludo-Pan 2008 "demostra que este é un caso concreto de chegar ás persoas que máis o necesitan dende o coñecemento directo da súa realidade". A edil nacionalista lembrou que a colaboración de Xuventude co Plan Comunitario de Teis comezou cos campamentos de verán, pero que se comprobou a necesidade de "facer un seguimento ao longo do ano" dos nenos pertencentes a un barrio cunha "configuración especial". Do proxecto, destacou especialmente o seu traballo con valores como a "igualdade de oportunidades, o respecto á lingua e o acceso á nosa cultura".
O presidente do Plan Comunitario de Teis, pola súa banda, agradeceu ás concelleiras a sinatura do convenio e explicou que na actualidade o proxecto traballa con 25 nenos ao longo do ano, mentres que 180 son os que participan no campamento de verán.
Descargar todas as imaxes