Escoitar

O tenente de alcalde anuncia que Vigo inicia os trámites para a súa incorporación ao Spain Convention Bureau

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este xoves que o Vigo Conventión Bureau iniciará "de inmediato" os trámites para a súa incorporación no Spain Convention Bureau. Tras a reunión que mantivo co director desta entidade, Adrián Dorta, o tenente de alcalde destacou a importancia de que Vigo pertenza ao Spain Convention Bureau "polas perspectivas que se abren a partir de agora respecto ao sector do turismo".<br />

xoves, 29 out 2009
1256824437bureao.jpg
Santi Domínguez expresou a súa satisfacción de poder contar co director da Spain Convention Bureau na segunda reunión co comité executivo do Vigo Convention Bureau como paso para a súa incorporación a esta entidade. A nosa cidade fará o número 50 do Spain Convention Bureau tras a súa ratificación, que se prevé que sexa na asemblea que este organismo celebrará o vindeiro mes de xuño. Segundo o tenente de alcalde, "hoxe é un día importante para Vigo", tanto pola presenza na cidade de Adrián Dorta, como pola sinatura do Plan de Competitividade Turística.

"Nestes dous últimos anos Vigo ten consolidado as súas estruturas turísticas necesarias para converterse en destino de promoción turística", salientou o nacionalista. Neste sentido se manifestou tamén o director da Spain Convention Bureau. Adrián Dorta asegurou que a entrada de Vigo neste organismo "vai ser moi importante para a consolidación da cidade como destino turístico", sobre todo respecto ao turismo de congresos a nivel internacional.

Adrián Dorta destacou tamén a importancia de "poñerse a traballar canto antes co obxectivo de que Vigo se posicione como destino turístico e que a Spain Convention Bureau "se consolide como un organismo potente".

Tras a reunión mantida co comité executivo, o tenente de alcalde e o máximo representante do entre promocional nacional presentaron, no transcurso dun xantar, ás principais asociacións dos sector turístico o ambicioso plan de promoción internacional do que se beneficiará Vigo e as súas empresas, cando entre a formar parte do Spain Convention Bureau.

Entre as accións das que se beneficiará Vigo tras o seu ingreso neste organismo salientan a participación en feiras como a de IMEX en Frankfurt, a BTC en Florencia e Roma, a organización de xornadas de traballo nos mercados alemán, francés e inglés, así como a inclusión da nosa cidade na campaña de publicidad corporativa de Turespaña.
Descargar todas as imaxes