Raquel Díaz cifra en 37,3 millóns de euros o orzamento municipal de 2009 executado ata o momento
A concelleira de Economía e Facenda, que presentou ante o Pleno o estado de liquidación das contas do Concello do terceiro trimestre de 2009, salientou que o investimento executado polo goberno local nestes nove meses supera o total dos anos 2004, 2005 e 2006 xuntos, o que mostra a "boa xestión" do Concello. O Partido Popular, pola súa banda, criticou o "problema da xestión" da edil porque "os datos empeoran".
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, asegurou hoxe luns que o investimento municipal nos nove primeiros meses de 2009 ascende a 37,3 millóns de euros, unha cifra que refrenda a "boa xestión" do goberno local e que é superior ao executado polo Concello nos pasados 2004, 2005 e 2006 xuntos.
A edil socialista presentou estas cifras este luns, no que levou ao Pleno da Corporación o estado de execución orzamentaria correspondente ao terceiro trimestre de 2009. Raquel Díaz concluíu a súa defensa das contas municipais asegurando que "é a mellor xestión que pódese presentar".
O Partido Popular, nas verbas do seu voceiro de Economía, Jorge Conde, asegurou detetar un "problema de xestión" da concelleira porque baixan as fases do licitado e o executado, así como as transferencias de capital. O edil aseverou asemade que "os datos empeoran" e o goberno local "está a gastar da caixa común de todos os cidadáns", un camiño de "irresponsabilidade" que levará ao endebedamento.
A concelleira de Economía e Facenda diferiu da análise da oposición e negou a baixada das fases, xa que as cifras absolutas son positivas. Ademais, Díaz recordou que o Concello está a recurrir actualmente ao endebedamento con "responsabilidade", unha práctica que están a levar a cabo outras administracións como a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
Por outra banda, o pleno da corporación aprobou hoxe, cos votos en contra do PP, unha moción defendida pola concelleira María Méndez na que se insta á Xunta a que garanta o finaciamento e xestión públicos do novo hospital. A proposta tamén reclama o mantemento do número de camas previsto polo goberno bipartito e do seu carácter estratéxico como centro oncolóxico de referencia, así como dunha unidade de investigación.
O pleno tamén aprobou a proposta do BNG unha moción pedindo a readmisión dos despedidos de Povisa. A proposta defendida polo concelleiro Xabier Alonso pedía tamén que a Consellería de Sanidade actúe na mediación do conflito laboral de Povisa.
Cos votos a favor dos grupos socialista e nacionalista, e os votos en contra do PP, aprobouse a moción presentada pola concelleira Laura López Atrio, na que se insta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia para que reite a circular 5/2009 que regula as condicións de traballo do profesorado das Escola Oficiais de Idiomas, que escote ós equipos directivos das EOIs e ós sindicatos, se informe axeitadamente da realidade educativa e consensue con eles o funcionamento das Escolas.