Pleno da Corporación
Orde do día:
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 16
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 26 de OUTUBRO de 2009, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
1.- Intervención da Presidenta da asociación ASNAIX.
2.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
3.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
ALCALDÍA
4.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 29.09.09 polo que se resolve a adxudicación do réxime de dedicación exclusiva a un concelleiro do Grupo do PSdeG-PSOE e escrito de aceptación da mesma.
5.- Dar conta do decreto da Alcaldía de data 15.10.2009 polo que se resolve a adxudicación do réxime de dedicación parcial a un concelleiro do Grupo do Partido Popular.
XESTIÓN MUNICIPAL
6.- Dar conta do estado de execución orzamentaria correspondente ó terceiro trimestre do ano 2009. Exp.10518/140.
7.- Incremento das partidas presupostarias 4522.150.00.00 e 4522.151.00.00 do Instituto Municipal dos Deportes.
8.- Rectificación Inventario municipal Viais Camiño Baixada ó Castelo R-1. Expte. 51966/250.
9.- Aprobación inicial do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal. Expte. 10600/332.
MOCIÓNS
10- Moción do Grupo municipal do BNG solicitando que o Pleno se manifeste a prol da readmisión dos despedidos de Povisa e instar á Consellería de Sanidade que actúe na mediación dos conflitos laborais do devandito centro. Doc. 90133591.
11.- Moción do Grupo municipal do BNG solicitando instar á Xunta de Galicia, entre outros, a xestión e o financiamento público do novo Hospital de Vigo. Doc. 90146130.
12.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE solicitando instar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a retirada da Circular 5/2009 que regula as condicións de traballo do profesorado das EOIs.
13.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando instar do Ministerio de Fomento o arranxo do pavimento do vial "vg20". Doc. 90106029.
14.- Moción do Grupo municipal Popular para a elaboración urxente dun plan para a redución da sinestralidade nas rúas da nosa cidade. Doc. 90106032.
15.- Moción do Grupo municipal Popular instando a utilización do sinal "Concello de Vigo" nas comunicacións, publicidades e actos. Doc. 90106037.
16.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando instar á Xunta de Galicia e propoñerlle ó Goberno central a sinatura dun acordo institucional sobre infraestruturas. Doc. 90106042.
17.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando se dote de despachos de billetes e se proceda á limpeza dos servizos e instalacións do Parque de Castrelos . Doc. 90106046.
18.- Moción do Grupo municipal Popular instando se prohiba utilizar a Ponte de Toralla coma trampolín e se instalen os sinais oportunos. Doc. 90106048.
19.- Rogos e preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E SEIS DE OUTUBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 22 de outubro de 2009
O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña.