Escoitar

O alcalde asegura que a instalación de pasos resaltados e bandas redutoras de velocidade sumará un investimento de 900.000 euros

Abel Caballero visitou este venres Bembrive, onde están instalados pasos de peóns; en total habilitaranse 39, dos que 13 están xa en funcionamento. Ademais, o Concello xa instalou 130 bandas redutoras de velocidade, co que en total o investimento en "factores de seguridade" do tráfico ascende a 900.000 euros. O alcalde anunciou ademais a reforma da praza da Casa da Cultura de Bembrive para 2010.

venres, 23 out 2009
1256302413pasosbembrive.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou este venres en 900.000 euros o investimento do Concello en "factores de seguridade do tráfico" como os pasos de peóns resaltados e as bandas redutoras de velocidade.

O rexedor vigués citou que xa están instalados en Vigo trece pasos resaltados aos que sumaranse outros cinco en contratación, outros oito que están incluidos nas humanizacións en marcha e trece máis en estudo para contratar. En total, 39 pasos resaltados cun investimento de 750.000 euros. Xunto aos pasos de peóns, o alcalde destacou que o Concello xa ten instalados 130 bandas redutoras de velocidade na cidade, cun valor estimado de 135.000 euros.

Ambas medidas son "actuacións moi relevantes no tráfico", salientou Abel Caballero, que permiten gañar en seguridade e non diminúe a fluidez do tráfico vigués.

Melloras en Bembrive
O alcalde aproveitou a súa visita á parroquia viguesa de Bembrive para anunciar a reforma da praza da Casa da Cultura, un "centro" para os veciños e veciñas da zona que será mellorada con cargo aos orzamentos municipais de 2010.
Descargar todas as imaxes