Escoitar

O Concello ampliará ata 100 as bolsas municipais para estudantes da Escola de Idiomas

Abel Caballero acudiu este venres á Escola Oficial de Idiomas de Vigo para reunirse -xunto co profesorado- cos 20 beneficiarios das bolsas ofrecidas polo Concello aos mellores expedientes da Escola, que viaxaron tres semanas ao estranxeiro para estudar o idioma. O alcalde anunciou que este curso ampliaranse ata 100 as bolsas ofertadas polo Concello ao efecto.

venres, 23 out 2009
1256302552escuelaidiomas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres na Escola Oficial de Idiomas de Vigo que o Concello ampliará o número de bolsas municipais ofertadas aos mellores expedientes do curso, pasando dos 20 do pasado curso aos 100 do entrante.

O alcalde salientou que son 7.000 os estudantes que fórmanse en idiomas na Escola viguesa, unha cidade "que vive na globalización" e polo que a ensinanza de linguas é básica para a economía de Vigo. Por iso, o alcalde apostou por "dotarlle de recursos" á Escola porque o contrario é "ir en contra do futuro e da economía desta cidade".

As bolsas ofertadas aos estudantes da Escola Oficial de Idiomas permitiulles viaxar ao estranxeiro e estudar na lingua de destino durante tres semanas, tal e como aconteceu cos 125 estudantes de ensinanza media que regresaron a Vigo fai algunhas semanas despois dunha estancia no estranxeiro sufragada polo Concello.
Descargar todas as imaxes