Escoitar

Marcha Aspanaex o domingo

O domingo 25 de outubro terá lugar Marcha Aspanaex que comezará ás 10.30 horas no parque de Castrelos. Trátase dunha marcha solidaria e de sensibilización coas persoas con discapacidade intelectual.

venres, 23 out 2009
1256299422marchaaspanaex.jpg
O presidente da asociación Aspanaex, José Manuel Carballo, explicou que é unha "carreira simbólica" que quere reforzar os obxectivos da integración social deste colectivo e mellorar calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias, así como recabar fondos para poder manter os proxectos que leva a cabo a asociación. "Os nove kilómtros da marcha son nove kilómetros de razóns para traballar pola integración", salientou.

A presidenta do colexio Aspanaex, Beatriz Macía, informou que uns minutos antes da saída, prevista ás 10.30 horas, lerá o pregón da marcha a actriz María Castro. Asemade, indicou que cada participante recibirá un agasallo, froito da colaboración con Tenencia de Alcaldía e o carné que o acredita como participante.

Tras percorrer a avenida de Castrelos, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Príncipe, Paseo de Alfonso e Fragoso, entre outras rúas, a chegada ao parque de Castrelos está prevista a partir das 13.00 horas, aproximadamente, tras a cal se fará unha entrega de premios. Os organizadores salientaron que haberá un autobús escoba para as persoas que non poidan realizar o percorrido completo.
Descargar todas as imaxes

Máis información