Escoitar

O martes sairán á venda as entradas para o concerto que Sabina ofrecerá o vindeiro 24 de novembro nas Travesas

O martes 27 de outubro poranse á venda as entradas para asistir ao concerto que Joaquín Sabina ofrecerá no pavillón de As Travesas o vindeiro 24 de novembro ás 21:30 horas. Sairán á venda un total de 3.000 localidades, das que 1.000 serán en cadeiras a un prezo de 40 euros, e 2.000 nos asentos de grada a un prezo de 35 euros.

luns, 26 out 2009
As entradas poderán adquirirse na Central de Espectáculos e na taquilla de Caixanova www.servinova.com. O concerto, o único que o músico ofrecerá en Galiza, forma parte da xira de presentación do último traballo "Vinagre y rosas", que comezará en Salamanca o 20 de novembro e rematará en Málaga o 22 de decembro para voltar aos escenarios en xaneiro, na xira que o levará a Arxentina e Chile.

O disco, integrado por trece novas cancións, sairá á venda o vindeiro 17 de novembro. Conta coa colaboración de Pereza en dous dos seus sinxelos, o primeiro deles, "Tiramisú De Limón", estreouse nas radios o pasado 15 de outubro.