Escoitar

O alcalde inaugura a humanización da alameda de Bouzas, con preto de 700.000 euros de investimento

Este venres tivo lugar o acto de inauguración da nova Alameda de Bouzas, unha vez rematada a súa humanización. Representantes dos tres partidos políticos congregáronse na praza que "recupera o sabor da tradición" da Alameda, salientou o alcalde. A reforma tivo un custo próximo aos 700.000 euros. <br />

venres, 26 dec 2008
1230299757alamedabouzas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou oficialmente este venres a nova Alameda de Suárez Llanos, en Bouzas; unha reforma que se aproximou aos 700.000 euros de investimento, segundo indicou o propio rexedor, e coa que se "recupera o sabor da tradición" da praza.

A nova Alameda conta cun paseo central de granito, á semellanza das humanizacións do centro, outro paseo de terra aos lados, xunto cos e unha zona verde. A reforma contemplou a instalación dun renovado parque infantil con novos xogos.

O alcalde salientou que, a deste venres, é a terceira inauguración realizada nas últimas datas, tras a escaleira de Blein Budiño e a humanización do entorno de POVISA. A de Bouzas é, en verbas do rexedor, "unha das prazas máis bonitas de Vigo", co que a idea da remodelación foi convertila "nun espazo para pasear", subliñou.

Á humanización da Alameda se lle suman tres rúas do barrio que están na actualidade en obras, indicou Abel Caballero, así como a recuperación dos edificios tradicionais de Bouzas, comezando pola sede do futuro Centro de Saúde, do que o Concello xa cedeu os terreos á Xunta de Galicia. O obxectivo é atender a Bouzas "exactamente igual que ao centro da cidade".
Descargar todas as imaxes