Escoitar

O alcalde celebra os 20 anos do campamento urbano de Abertal con 800 rapaces de toda Galicia

Uns 800 nenos de entre 8 e 15 anos vindos de toda Galicia se deron cita este mércores na viguesa Praza do Rei por mor do vixésimo aniversario do campamento urbano de Abertal, que este ano comezou o pasado 4 de agosto e rematará o vindeiro 14 deste mes. O alcalde, Abel Caballero, intercambiou agasallos cos rapaces, quenes convivirán todo o día na cidade realizando distintos xogos e actividades.

mércores, 6 ago 2008
1218026679campamento6peq.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores na Praza do Rei a preto de 800 nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, procedentes de toda Galicia, para festexar os 20 anos do Campamento Urbano de Abertal.

O campamento vigués, que se está a celebrar este ano desde o pasado día 4 ao 14 de agosto, acolleu aos participantes dos de Ourense e Santiago de Compostela, para posteriormente pasar a ler o Manifesto da Xuntanza 2008, tarefa da que se encargaron 9 nenos.

O alcalde se dirixiu aos rapaces cunha mensaxe de fraternidade e de amizade e intercambiou agasallos con eles. Os participantes do campamento agasallaron ao rexedor cunha camisola conmemorativa do vixésimo aniversario e a Alcaldía correspondeu co reparto de gorras para todos os integrantes. O acto finalizou co canto do himno dos campamentos urbanos.

Os rapaces participarán durante todo o día de diversos xogos e actividades divididos en grupos de idade, incluída unha visita pola tarde a praia na que os distintos centros intercambiarán agasallos.
1218026679campamento6peq.JPG
1218026712campamento5peq.JPG
1218026848campamento2peq.JPG
1218026869campamento1peq.JPG
Descargar todas as imaxes