Santi Domínguez salienta a boa acollida que están a ter as audioguías entre os turistas que visitan Vigo
Unha puntuación entre 8 e 10 é o grao de satisfacción que está a ter o sistema de audioguías posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo por parte dos turistas que os veñen utilizando dende finais do mes de xullo. Así o anunciou este mércores o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, no transcurso do percorrido de demostración do funcionamento dos dispositivos, pioneiro no Estado español.
"Mediante as audioguías ofertamos un xeito de coñecer Vigo máis próximo", subliñou o tenente de alcalde, quen explicou que dende a Concellería de Turismo estase a traballar por ofertar un servizo aos turistas que visitan a cidade "adaptado aos novos tempos". Os dispositivos son un sistema pioneiro para guiar aos turistas que se acheguen á cidade e queiran coñecela "empregando as novas tecnoloxías de xeito doado", explicou Santi Domínguez.
Trátase de audioguías multimedia baseadas no sistema GPS que se atopan a disposición dos usuarios nas oficinas de turismo. Os turistas que decidan empregar este novidoso sistema poderán elixir o idioma no que queiran recibir a información entre o galego, o castelán, o inglés, o francés e o portugués; en función da demanda, sinalou o tenente de alcalde, "contemplarase a posibilidade de ampliar o abano de idiomas nos que se facilite a información". Xa na lingua escollida poderase elixir a ruta preferida entre as denominadas "Vigo completo", "Vigo media xornada", "Vigo gastronómico", "Vigo e a Arquitectura", "Vigo comercial", e "Vigo miradoiros". Unha vez elixida a ruta, o xeoposicionador vía satélite situará a posición do usuario e guiarao polo percorrido elixido previamente cargado na terminal.
O tenente de alcalde sinalou que en función da propia demanda, nos vindeiros meses iranse ampliando tanto as rutas como o radio de actuación, integrando no dispositivo as praias, o cinto verde, as Illas Cíes e outros lugares de interese de toda a cidade. O dispositivo informático, de menos de 200 gramos de peso, contén un procesador interno que reproduce na pantalla TFT a información multimedia gardada na memoria. O seu receptor GPS permite xeoposicionar o dispositivo no espazo utilizando un software único desenvolto por unha empresa de Vigo. Deste xeito, segundo Santi Domínguez, o aparato guiará ao usuario polas rutas preestablecidas, amosándolle o seu paso a información de interese.
Descargar todas as imaxes