Vigo acollerá o domingo 10 de agosto a XIII edición do Maratón Fotográfico
Os participantes poderán inscribirse dos días 7 e 8 de agosto na Agrupación Fotográfica Galega e o mesmo día na Praza do Rei
Consolidada xa coma unha das grandes citas dos veráns, Vigo acollerá este domingo 10 de agosto a XIII edición do Maratón Fotográfico "Concello de Vigo", unha cita coa que se pretende amosar os recunchos máis fermosos da cidade dende o punto de vista das viguesas e vigueses e que dará comezo a partires das once da mañá na Praza do Rei. Como cada ano, poderán participar todas aquelas persoas interesadas e que formalicen a súa inscrición na Agrupación Fotográfica Galega (Rúa Uruguai 17, entrechán) os días 7 e 8 de agosto, de 19 a 21 horas, ou ben o mesmo día do maratón na Praza do Rei entre as 10 a as 10.45 horas (tamén hai posibilidade de facer a pre-inscrición a través do enderezo de correo electrónico agrupacionfotograficagalega@gmail.com). O numero máximo de participantes será de 200 e eguirá estrita orde de inscrición.
O maratón repartirá 2.250 euros en premios, repartidos en 3 galardóns e catro accésit. Estes premios concederánselle á serie fotográfica, se ven o xurado poderá establecer algún outro tipo de premio especial se así o estima oportuno. Este xurado encargado de seleccionar aos gañadores estará composto polo concelleiro de Cultura, Xesús López, catro ou máis persoas relacionadas co mundo da fotografía, as artes ou os medios de comunicación e un membro da Agrupación Fotográfica Galega.
A xornada do domingo arrancará para os participantes ás 11 horas na Praza do Rei, onde se informará dos temas propostos para a edición. Neste sentido, os participantes deberán fotografar catro temas que facilitará a organización en cadanseu control (puntos polos que terán que pasar a unha hora indicada). O maratón establece dúas categorías de participación, que se diferencian nos que empreguen cámara analóxica e nos que fagan fotografía dixital. Estes últimos deberán entregar as súas fotografías en formato JPEG e a unha resolución suficiente para amplialas a 20x30 centímetros. No momento da saída, entregarase un carrete de 12 fotos para os que empreguen cámaras analóxicas e un cd para os da categoría dixital.
Os participantes entregarán o seu carrete (categoría analóxica) na Praza da Constitución entre as 23 horas e a media noite. Os que participen na modalidade dixital, deberán entregar á organización un cd ou soporte dixital (tarxeta de memoria), que inclúa catro fotos de cada un dos temas designados. Con todas as fotografías seleccionadas realizarase unha exposición logo do verán na Casa das Artes e tempo despois o xurado, logo de facer as pertinentes deliberacións, dará a coñecer os gañadores nun acto oficial.