Santi Domínguez salienta a positiva repercusión que terá a celebración da Powerboat P1 no sector hosteleiro vigués
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns a importancia que terá para o sector hosteleiro de Vigo e a súa área a celebración no porto vigués o Gran Premio Turismo de Vigo da Powerboat P1, que terá lugar entre o 11 e o 14 do vindeiro mes de setembro. Trátase da quinta proba do Campionato do Mundo, na que participarán vinte equipos de todo o mundo con embarcacións monocasco que superan unha velocidade de 260 kilómetros á hora.
"A celebración en Vigo da Powerboat representa unha importante iniciativade cara ao sector hosteleiro da cidade, especialmente nun momento de crise como este", destacou o tenente de alcalde. Santi Domínguez subliñou ademais que serán catro días dun "espectáculo inigualable", xa que é comparable a outras competicións deportivas de gran repercusión como a Fórmula 1 e a Moto GP, sen esquecer que terán lugar tamén diversas actividades paralelas, como concertos, animación infantil, e espectáculos pirotécnicos, entre outras.
Santi Domínguez, na súa intervención, destacou que esta é a primeira vez que unha cidade española acollerá a Powerboat, polo que está suscitando un "enorme interese". Ao respecto, sinalou que estanse recibindo solicitudes de información dende diferentes puntos do Estado, así como de Portugal. O feito de que as carreiras serán retransmitidas internacionalmente por televisión supón, ao xuízo do tenente de alcalde, unha "oportunidade de ouro" para potenciar a cidade e o seu medio. "Térmonos que felicitar por ter esta proba na cidade, que non foi doado traer debido á forte competencia que existía con outras cidades", explicou.
O xefe de explotación do Porto de Vigo, Rubén Marín, pola súa banda, amosou a súa satisfacción pola elección da cidade de Vigo para a organización desta proba. Mario Ubiaga, responsable de Fespogal, unha das empresas organizadoras do evento, agradeceu á Tenencia de Alcaldía e ao Porto de Vigo o seu apoio para a celebración da Powerboat na cidade porque, ao seu xuízo, a ría é un "marco incomparable". Así, destacou a aposta da Concellería de Deportes, a Concellería de Turismo e a Tenencia de Alcaldía para que Vigo contase coa celebración da Powerboat P1.
Ubiaga sinalou que as carreiras, nas que participarán vinte equipos procedentes de todo o mundo, terán unha duración de hora e media e se celebrarán o sábado e o domingo en sesións de mañá e tarde. Neste sentido, indicou que participarán pilotos tan importantes da Powerboat como Adriano Panata e Max Ferrari, e que está en fase de negociación que poida competir Álvaro Marichalar. As embarcacións competirán en nas categorías Evolución e SuperSport, nas que os barcos alcalzan os 260 kilómetros á hora.
Ata o momento, xa se disputaron catro probas do Mundial, en Italia, Francia, Malta e Túnez, onde varios equipos tiveron a oportunidade de destacar, pero que aínda non existe ningún equipo favorito. Deste xeito, o Gran Premio Turismo de Vigo terá un gran interés para despexar á incertidume sobre os gañadores.
Descargar todas as imaxes