Escoitar

O proxecto básico da nova estación intermodal de Urzáiz estará rematado a mediados de outubro

O alcalde mantivo este luns un encontro con representantes de ADIF e NEXSA, encargadas da construción da nova estación de Urzáiz, para estudar a modificación da mesma tras o modificación da entrada da Alta Velocidade en Vigo, que pasa a ser soterrada. A mediados de outubre estará listo o proxecto básico dunha estación que ocupará 40.000 metros cadrados de superficie.

luns, 4 ago 2008
1217855193reunion1peq.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este luns na Alcaldía a distintos responsables de ADIF e de Nexsa para tratar das modificacións que serán realizadas na estación intermodal de Urzáiz tras o cambio na entrada da Alta Velocidade a Vigo, agora en túnel.

A Directora Xeral de Nexsa, Olga Guitián, acompañada por Carlos Gil, Luis Navas e Juan Romero, membros tamén da empresa, e o Director Executivo de Estacións de ADIF, Carlos Ventura, xunto co xerente territorial da mesma, Ricardo Rodríguez, trataron co alcalde a superficie da nova estación, que acadará os 40.000 metros cadrados.

Abel Caballero, que manifestouse "encantado" polo resultado "espléndido" do encontro, informou asemade que o proxecto básico estará elaborado a mediados do vindeiro mes de outubro. O alcalde ratificou que "non haberá retraso" nos prazos de finalización adiantados, independentemente da nova entrada soterrada da Alta Velocidade na cidade. O novo trazado implica que a entrada na estación será a 15 metros baixo cota.
Descargar todas as imaxes