luns, 4 ago 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns a importancia que terá para o sector hosteleiro de Vigo e a súa área a celebración no porto vigués o Gran Premio Turismo de Vigo da Powerboat P1, que terá lugar entre o 11 e o 14 do vindeiro mes de setembro. Trátase da quinta proba do Campionato do Mundo, na que participarán vinte equipos de todo o mundo con embarcacións monocasco que superan unha velocidade de 260 kilómetros á hora.
luns, 4 ago 2008
O alcalde deu conta hoxe luns da aprobación en Xunta de Goberno Local dos Plans de Seguridade e Saúde de sete novos traballos na cidade por valor de case 1,7 millóns de euros. As obras darán comezo entre o 11 e o 18 de agosto en Bouzas, Cabral, Candeán, Balaídos e Teis, entre outras zonas, e estarán rematadas nun prazo que oscila entre 1 e 5 meses.
luns, 4 ago 2008
Ambos datos incrementan os rexistrados o pasado ano e os seus impostos supoñen máis de 60 millóns de euros ás arcas municipais. Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, as inscripcións de bens inmobles ascenderon ás 190.793, un 2,18% máis que en 2007, e as computadas no Imposto de Actividades Económicas suben un 11,92%, alcanzando as 4.384.
luns, 4 ago 2008
A cidade acollerá os dias 6 e 7 de agosto unha celebración de carácter internacional con dous concertos no Auditorio de Castrelos