xoves, 16 mar 2023
Realizouse na Xunta de Goberno Local do xoves 16 de marzo. Tamén se aprobou a renovación do saneamento da rúa A Estrada e a substitución do colector da rúa Salceda de Caselas.
xoves, 16 mar 2023
O alcalde e o secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, David Lucas, presentan o Estudo de Alternativas da saída sur ferroviaria para a alta velocidade entre Vigo e Porto. Tamén avanzarán nas infraestruturas “centrais” da cidade como a liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, a humanización da Avenida de Madrid e a AP-9 e a autovía en túnel a Porriño.
xoves, 16 mar 2023
O cronista oficial da cidade, Ceferino de Blas, tamén recibirá esta máxima distinción, neste caso, a título póstumo. A gala de entrega será o próximo 23 de marzo no teatro Afundación.
xoves, 16 mar 2023
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves as bases e a convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para as activades da presente temporada.
xoves, 16 mar 2023
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves ao estudo de análise e valoración retributiva e funcional de postos de traballo e mellora na organización interna da Policía Local e á aprobación da relación de postos de traballo do ano 2023.
xoves, 16 mar 2023
A escultura da Familia do artista Buciños volve a lucir na esquina de Vía Norte con Urzáiz logo de ser reparada tras un acto vandálico. O Concello reclamará aos denunciados o custe da reparación. A próxima semana a figura de Manuel Castro volverá á rúa Príncipe.
xoves, 16 mar 2023
Este xoves 16 de marzo, no escenario do Auditorio da Praza do Rei represéntase a obra de teatro “As que limpan”, escrita, dirixida e interpretada por Arela Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Unha creación de A Panadaría coproducida polo Centro Dramático Nacional. Trátase dunha actividade de balde enmarcada dentro das actividade do Día Internacional da Muller. A programación remata o sábado 18 de marzo coa actuación do grupo “Habelas Hainas” ás 20 horas no salón de actos do MARCO.