Escoitar

Abel Caballero: “Aprobamos a redacción do proxecto para a mellora do abastecemento de auga en Oia e Saiáns”

Realizouse na Xunta de Goberno Local do xoves 16 de marzo. Tamén se aprobou a renovación do saneamento da rúa A Estrada e a substitución do colector da rúa Salceda de Caselas.

xoves, 16 mar 2023

O rexedor explicou que “a zona sur do Concello, principalmente nas parroquias de Oia e Saiáns, están experimentado un progresivo aumento da demanda de auga, que se prevé siga incrementándose nos vindeiros anos ca aprobación en xuño do plan xeral ”. Este feito provoca que “con motivo deste incremento, a presión coa que chega a auga redúcese, non logrando a calidade de subministro que desexamos”.

Caballero estableceu que a solución pasa “pola definición dun proxecto de abastecemento totalmente novo”. O proxecto desenrolará a instalación dunha nova estación de bombeo (EBAR) dende a rede perimetral, ubicada na contorna da confluencia da Avenida de Citroöen, Avenida da Florida e a Estrada de Camposancos. A isto engádese “unha condución de 7,4 kilómetros” ata o depósito de Saiáns, que actualmente conta cunha capacidade de 1000 m3 e “ten que ser ampliada”. Cun custe aproximado de 3 millóns de euros, realizarase esta actuación, que garante o abastecemento das parroquias de Oia e Saiáns en óptimas condicións.

Rúas A Estrada e Salceda de Caselas

Tamén deu conta na rolda de prensa matinal da aprobación do proxecto de substitución do colector de saneamento da rúa Salceda de Caselas, un colector que foi construído a mediados do século pasado, e que tras unha recente inspección, detectouse que o seu estado de conservación require da súa renovación por un importe total de 135.000€. A súa vez aprobouse a renovación do saneamento da rúa A Estrada, cun custe de 170.000€.

Descargar todas as imaxes