Escoitar

Persoas de todas as provincias visitaron Vigo no Nadal

Abel Caballero deu a coñecer este dato ofrecido polo estudo de medición a través de teléfonos móbiles para a época de Nadal. Caballero lembrou que Vigo rexistrou 5.345.759 visitantes entre o 19 de novembro e o 15 de xaneiro. Os visitantes nacionais chegaron de todas as provincias de España e tamén das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. O alcalde tamén cifrou en 1.642 os municipios rexistrados de todo o país e todos os concellos de Galicia, segundo a procedencia das persoas. "O perfil de turista é fundamentalmente familias, case a metade dos visitantes", explicou sobre o perfil dos visitantes.

mércores, 15 mar 2023
Descargar todas as imaxes