venres, 17 marzo 2023

Caballero: “Imos resolver todas as demandas históricas de Vigo”

venres, 17 mar 2023

O Goberno de España ratificou o seu compromiso firme coas grandes obras que esta cidade tiña pendentes, tal e como manifestou onte o secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Francisco David Lucas. En rolda de prensa, Caballero afeou á Xunta as súas críticas a proxectos que xa están en marcha e “son feitos incuestionables”.

Caballero sinala a importancia da economía en Vigo "para chegar a todo o mundo"

venres, 17 mar 2023

O alcalde participou no peche da xornada sobre xeopolítica e economía no contexto da nova globalización. Abel Caballero puxo de manifesto o avance de Vigo en cuestións tan importantes e globais como son a automoción, o naval, a pesca ou o propio Nadal: "Seguiremos facendo economía con orgullo", declarou no acto con empresas e representantes institucionais. Caballero tamén expuxo a importancia da colaboración público-privada, a colaboración institucional que ten a cidade co Goberno de España e uso dos fondos europeos para que Vigo siga avanzando na súa transformación.