O goberno municipal abre convocatoria de axudas para o deporte base por valor dun millón de euros
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves as bases e a convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para as activades da presente temporada.
O alcalde explicou que as entidades deportivas sen ánimo de lucro poderán concorrer ás axudas para financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas así como aqueles ocasionados pola participación ou organización de actividades deportivas: pago de licenzas federativas, viaxes, aloxamentos e comidas, arbitraxes, adestradores e compra de material deportivo, entre outras. “Case un millón de euros de apoio a entidades deportivas sen ánimo de lucro”, salientou, nesta convocatoria que lanza o Concello para a temporada 2022-2023.
Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas que desenvolvan o seu proxecto na cidade de Vigo, carezan de ánimo de lucro. En canto aos criterios para a concesión da subvención, valorarase: a relevancia do proxecto deportivo na cidade; o seu programa de deporte de base; o volume de licenzas, tamén de licenzas femininas, ou o nivel competitivo das competicións nas que participan.