xoves, 19 mai 2022
Todos os estudantes da edición de 2020 que solicitaron bolsa de inglés foron admitidos no programa municipal de inmersión lingüística, tal e como anunciou esta mañá o rexedor. Estes 767 alumnos terán cinco días a partir de mañá venres para formalizar a súa praza.
xoves, 19 mai 2022
O alcalde e a concelleira de Urbanismo visitaron este xoves a evolución das obras de construción do elevador, emprazado no espazo que antes ocupaban as antigas escaleiras e ao que o Concello destina 387.000 euros. Segundo indicou Abel Caballero, poderá estar operativo no mes de xullo.
xoves, 19 mai 2022
Abel Caballero trasladou este xoves ante os medios de comunicación “a nosa dor e o sentimento da cidade de profunda perda” trala morte do escritor aos 51 anos de idade.
xoves, 19 mai 2022
O alcalde confirmou esta mañá que Bryan Adams será outro dos grandes artistas que actuará en Vigo este verán. A cita será o xoves 14 de xullo no campo de fútbol das Travesas e as entradas xa están á venda.
xoves, 19 mai 2022
250 nenas e nenos de entre 4 e 11 anos dos colexios Otero Pedrayo, Balaídos e do IES Santo Tomé participaron este xoves no Auditorio Municipal no Correlingua 2022. Un acto que quere dar pulo á lingua e sensibilizar sobre o uso do galego entre a xente máis nova. O alumnado leu o manifesto titulado “Fálame” ante os presentes e con varios centros educativos conectados por streaming. O Correlingua pechou cun concerto de rock a cargo de Zënzar.