Escoitar

Caballero data para xullo o novo ascensor da Praza da Estación á Urzáiz e Vía Norte

O alcalde e a concelleira de Urbanismo visitaron este xoves a evolución das obras de construción do elevador, emprazado no espazo que antes ocupaban as antigas escaleiras e ao que o Concello destina 387.000 euros. Segundo indicou Abel Caballero, poderá estar operativo no mes de xullo.

xoves, 19 mai 2022
María José Caride e Abel Caballero, ante a obra do elevador.
María José Caride e Abel Caballero, ante a obra do elevador.

Abel Caballero e María José Caride, acompañados por técnicos municipais e da empresa construtora, pasaron revisión ao avance dos traballos para erixir un ascensor panorámico con capacidade para trece persoas que unirá a Praza da Estación con Urzáiz e Vía Norte.

Na Praza da Estación, o elevador partirá xusto ao lado do acceso principal ao centro Vialia, no mesmo rasante, cubrindo o espazo que queda entre o edificio deseñado por Thom Mayne e o muro da estación. O Concello adica ao efecto 387.000 euros.

Durante a visita, Caballero e Caride puideron comprobar como quedará a confluencia de Urzáiz e Vía Norte, que estará pavimentada con granito e que suporá na práctica a ampliación da beirarrúa. Ademais, o goberno de Vigo instalará zonas axardinadas, mobiliario urbano e novas redes de pluviais e electricidade.

Túneles

Preguntado en rolda de prensa pola evolución das obras dos túneles de conexión coa autoestrada, Abel Caballero explicou que a estimación pasaba por inauguralos nun par de meses, mais a aparición de terras contaminadas, que precisan dunha xestión de residuos especial, pon en cuestión as datas. “Esperemos que se poida acabar en prazo”, indicou, “pero non o podo garantir, porque sobre todo e primeiro, o tratamento medioambiental”.

Descargar todas as imaxes